GUÍAS DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUSA Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon á disposición dos autónomos, empresas e traballadores diversas guías que, seguindo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus, recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo.
http://issga.xunta.gal/portal/contido/avisos/aviso_0018.html Esta páxina ofrece tamén un recompilatorio de información actualizada relacionada coa prevención e a protección contra o coronavirus que ofrecen as distintas administracións. Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600 |
