O DOG de oxe 27 de novembro de 2020 publica a Orde de 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia más afectados pola COVID-19 e do Programa II hostelería, de apoio ao sector da hostelería e procedese á sua convocatoria para 2020.

BENEFICIARIAS DO PROGRAMA I

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes sempre desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados. As persoas Ou entidades beneficiarias deberán cumplir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno.

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932: transporte por taxi.

CNAE 5010: transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030: transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621: provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914: actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911: actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912: actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990: outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles.

CNAE 8230: organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001: artes escénicas.

CNAE 9002: actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004: xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321: actividades dos parques de atraccións e dos parques temáticos.

CNAE 9329: outras actividades recreativas e de entretemento.

BENEFICIARIAS DO PROGRAMA II (HOSTELERÍA)

Podrán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría; tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:

• Orde da Consellería de Sanidade do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense (DOG núm. 203-bis, do 7 de outubro).

• Orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 223-bis, do 4 de novembro).

• Orde da Consellería de Sanidade do 8 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro).

• Orde da Consellería de Sanidade do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro).

Ou en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de solicitudes.

– Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase que está afectado polo peche aquela actividade económica que non permita o consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.

AYSE LUCUS atópase xa analizando estas axudas e traballando na presentación de todas aquelas relativas aos clientes deste despacho que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.